A nosa Vicedirectora e membro do Equipo Erasmus+ do Cmus Profesional de Vigo, viaxou estes días de decembro a Parma, Italia, para preparar a mobilidade do profesorado que viaxará a este destino.

Esta é a última visita preparatoria en persoa que levaremos a cabo este curso, xa que os restantes trámites e reunións, que continúan ata que o profesorado viaxe aos seus destinos, farémolos a través de reunións online e do correo electrónico.

O centro que visitarán en Parma os nosos compañeiros Ramón Cabezas Varela, profesor de harmonía, e Óscar Davila Mariño, profesor de trompa e Coordinador de Calidade, é o Conservatorio di Musica Arrigo Boito, e esta visita levarase a cabo entre o 16 e o 20 abril de 2024.

Carmen traballou durante estes días cos Coordinadores Erasmus+ Riccardo Mascia e Diego Zatelli. Ademáis de elaborar o posible plan de traballo para os nosos compañeiros, Carmen asistíu a varias clases do conservatorio, e tamén a uns cantos concertos que foi atopando pola cidade. Parma é un sitio moi musical e as súas rúas ben o demostran como amosamos nas bonitas fotos que trouxo Carmen para ilustrar a súa viaxe. Esperamos que vos gusten!

Conservatorio Arrigo Boito e Biblioteca Palatina
Conservatorio Arrigo Boito
Riccardo Mascia, Carmen Carreiras (a nosa Vicedirectora) e Diego Zatelli, Coordinadores Erasmus do Conservatorio Arrigo Boito di Parma.
Parma
Cultura musical nas rúas de Parma