Os compañeiros do CMUS Profesional de Vigo, Óscar Davila Mariño e Ramón Cabezas Varela, profesores de Trompa e Harmonía respectivamente, están esta semana en Parma, Italia, desde o martes 16 ata o sábado 20 de abril, en actividades de Job-Shadowing no Conservatorio de Música Arrigo Boito.

Asistindo a un apretado programa de clases cada un nas súas respectivas materias, contan Ramón e Óscar, que están encantados coa experiencia. O Conservatorio é un antigo convento moi bonito, e Riccardo Mascia, un dos coordinadores Erasmus+, é moi amable e ten recibido moi ben ao noso profesorado, ao igual que o resto do persoal do Conservatorio.

Ramón asistíu a clases de harmonía e composición con Roberto Sansuini, e tamén a clases de educación auditiva. Óscar asistíu a concertos didácticos, e a clases de trompa coa profesora Elisa Bogneti. Tamén coñeceron a biblioteca do centro e o seu funcionamento, e estiveron nun congreso sobre educación auditiva que xustamente se celebraba neses días no Conservatorio Arrigo Boito.

Por suposto, tiveron algún ratiño para visitar a cidade e tamén descansar no bonito aloxamento Palazzio Bianchi.

Aquí deixamos algunhas fotos da súa experiencia, e esperamos que conten todo con detalle á volta da súa viaxe.