A profesora de piano e Coordinadora do Equipo Erasmus+, Sara Peral, visita Italia para dar continuidade ás mobilidades do proxecto Erasmus+ KA102 Música Sen Fronteiras.

Entre os días 28 de marzo e 1 de abril de 2022, a Coordinadora Erasmus+ do CMUS, Sara Peral, levará a cabo as actividades de job shadowing no Conservatorio Statale di musica “G. F. Ghedini” de Cuneo (Italia). Ao longo de toda a semana terá a oportunidade de asistir, entre outras actividades, a clases de piano, acompañamento pianístico, entrevistas con profesores, reunións e audicións fin de grao, integrándose na vida lectiva do mencionado centro. Toda unha inmersión cultural, pedagóxica e lingüística que seguro resultará moi enriquecedora.

Aproveitamos para dar as gracias al coordinador Erasmus Andrea Cavuoto e ao director Alberto Borello, entre outras moitas persoas, por haber acollido marabillosamente á nosa profesora e haber colaborado activamente na planificación das mobilidades e demostrar unha máxima implicación. 

Sara Peral, profesora de piano e Coordinadora do Equipo Erasmus+, nas instalacións di Conservatorio Statale di Musica G.F. Ghedini, en Cuneo, Italia