Dúas profesoras do Conservatorio Profesional de Vigo atópanse realizando as primeiras mobilidades do proxecto Erasmus+ KA102 Música Sen Fronteiras. 

Aínda que a pandemia retrasou a posta en marcha de moitas das actividades do proxecto, alégranos poder dicir, agora si, que as mobilidades xa son unha realidade. 

O luns 21 de marzo de 2022 as profesoras Carmen Carreiras e Isabel Gómez comezaron as súas actividades de formación por observación no Conservatorio de Música de Guimaraes (Portugal) e o Conservatorio de Música “Alfredo Casella” de L´Aquila (Italia), respectivamente. Ao longo de toda a semana terán a oportunidade de asistir, entre outras actividades, a clases, reunións e audicións, e integrarse na vida lectiva dos centros de acollida. Toda unha inmersión cultural, pedagóxica e lingüística que seguro resultará moi enriquecedora. 

Tanto os nosos socios do Conservatorio de Guimaraes como do Conservatorio de L´Aquila acolleron marabillosamente ás nosas profesoras e ten colaborado activamente na planificación das mobilidades para que sexan interesantes e o máis completas posibles. Desde aquí gustaríanos darlles as grazas aos nosos socios pola súa axuda e implicación.

E, por suposto, desexamos ás nosas compañeiras unha gran experiencia Erasmus+!

Carmen Carreiras (Vicedirectora, profesora de Piano e membro do Equipo E+) no Conservatorio de Guimaraes, Portugal. 
Isabel Gómez (profesora de Linguaxe Musical, Educación Auditiva e RTA), no Conservatorio “Alfredo Casella” de L´Aquila (Italia).