Xa temos dispoñibles os resultados das enquisas sobre as clases maxistrais e concerto impartidos polo Experto Convidado André B. Silva, dentro do Proxecto Erasmus+ KA121: 2023-1-ES01-KA121-VET-000121189.

Estamos bastante satisfeitas no Equipo Erasmus+ cos resultados obtidos nas actividades levadas a cabo durante os días 12 e 15 de marzo da man do guitarrista luso André B. Silva, Experto Convidado este curso 2023-2024.

A maioría das puntuacións obtidas foron sobre 5 puntos e nunca menos de 3.

Na pregunta 1 obtivemos un 76% de puntuación na máxima puntuación (5 puntos), un 17% de 4 puntos sobre 5 e un 7% de 3 puntos, sendo moi ben, bastante ben, ben respectivamente.

Na pregunta 2 obtivemos un 100% da máxima puntuación, é dicir, todos os participantes consideran “moi interesante” traer ao centro Expertos Convidados.

Na pregunta 3 o 90% considera moi interesante o formato ofrecido de clases maxistrais e concerto, e un 10% bastante interesante (4 puntos).

Aquí vos deixamos na imaxe as preguntas e a valoración das respostas:

Ademáis, algúns dos comentarios a destacar das enquisas son os seguintes:

“Encantoume, e gustaríame ter tamén un curso de improvisación sobre acordes ademáis de improvisación libre”.

“Gustaríame que as clases maxistráis duraran máis tempo”

“Un 5 sobre 5 para o equipo Erasmus+”

“´É moi interesante tocar estilos distintos aos tratados habitualmente no conser”

“Encantoume o concerto, un 10 para os músicos”

“Encontrei atractivo o formato das clases, bastante dinámico e persoal cos alumnos. Ademáis contribuíu a espertar novos intereses musicais nos que me gustaría adentrarme e parender máis.”

“Experiencia interesante, tanto para os intérpretes, para obter coñecementos, como para os oíntes e público”

“Gustoume especialmente pola maneira que tivo de André de impartir as clases. Moi interesante”.