O noso compañeiro Ángel Montes, secretario do centro e membro do Equipo Erasmus+ do Cmus Profesional de Vigo, aproveitou estes días de decembro para visitar durante a ponte, o Conservatorio de Loulé, en Portugal, e preparar así o plan de traballo que seguirán as nosas compañeiras Gloria Rodríguez Gil e Aine Veloso Álvarez.

A visita das nosas compañeiras Gloria, profesora de linguaxe musical, e Aine, profesora de piano, ao Conservatorio de Loulé, terá lugar entre os días 5 e 9 de febreiro. Para facer a súa ruta de traballo, Ángel reuniuse co director do Conservatorio portugués Sergio Leite, e tamén co Coordinador Erasmus Fernando Ponte.

Aquí vos deixamos algunhas fotos do conservatorio co que Ángel quedou maravillado.

O Noso compañeiro Ángel Montes e o director do Conservatorio de Loulé na porta deste.
Ángel e o Coordinador Erasmus+ Fernando Ponte
Imaxes do Conservatorio de Loulé e o auditorio deste.