Onte, mércores 20 de Decembro, tiveron lugar as primeiras xornadas formativas dentro do proxecto KA121 2023-2024. Nesta ocasión dedicadas á formación lingüística en Italiano e Portugués.

Nestas Xornadas Formativas Lingüísticas traballáronse conceptos básicos como saúdos, presentacións, normas de cortesía, etc.

Lembrámosvos que a seguinte sesión formativa terá lugar o mércores 10 de Xaneiro sobre consellos prácticos de viaxe e culturais do país de destino, e a última será o 17 de Xaneiro e será a formación lingüística en inglés. Estades todos invitados e invitadas!

A profesora de italiano cos nosos compañeiros Ramón Cabezas e María del Mar Bel que viaxarán a Parma e Lugano respectivamente.
Aine Veloso e Oscar Rodríguez, compañeiros do centro, nas clases de portugués coa profesora.