Angus Keay e Kristina Karsetile, profesores de guitarra eléctrica e piano respectivamente na Uppsala Kulturskola de Suecia, están estes días visitando as instalacións do noso centro e asistindo a diferentes clases en Visita Preparatoria, coa intención de voltar o ano… Continue Reading →
Este ano dentro do programa KA121 2023-2024 contaremos no mes de marzo co Experto Convidado André B. Silva, guitarrista que ven desde Oporto para ofrecer clases de improvisación para todo o alumnado de Grao Profesional. As plazas son limitadas así… Continue Reading →
María del Mar Bel Borja, a compañeira que imparte frauta traveseira no Cmus Profesional de Vigo, chegou este martes día 6 de Febreiro a Lugano, cantón de Suiza, dentro das actividades de “Job Shadowing” do programa Erasmus KA121 2023-2024. Despois… Continue Reading →
O luns día 5 de Febreiro as nosas compañeiras Gloria Rodríguez Gil, profesora de linguaxe musical, e Aine Veloso Álvarez , profesora de piano, comezaron a súa visita ao conservatorio Francisco Rosado en Loulé, Portugal. Chegaron a esta cidade xuntas,… Continue Reading →
Xa temos os resultados das enquisas que fixemos tras as sesións formativas para o profesorado e alumnado que disfrutará das mobilidades a Lugano, Loulé e Parma no caso do profesorado, e a Uppsala no caso do alumnado. No PDF adxunto… Continue Reading →
Este Mércores 24 de Xaneiro levouse a cabo a Xornada de Formación dentro do Plan de Autoprotección e actuación en caso de emerxencia para o profesorado que participará nas mobilidades do proxecto KA121 2023-2024, pero tamén para o resto do… Continue Reading →
O alumnado que viaxará a Uppsala tivo a Xornada de Formación Previa sobre aspectos culturais e prácticos o Xoves 18 de Novembro ás 18 horas. Nesta xornada participou o alumnado que viaxará a Uppsala na primeira das mobilidades con alumnado… Continue Reading →
Este mércores día 17 de Xaneiro, tivo lugar a formación en Inglés para profesorado. Esta foi a última das Xornadas de Formación Previa en idiomas para o profesorado que participará nas mobilidades do proxecto KA121 2023-2024. A formación deste mércores… Continue Reading →
Este Mércores día 10 de Xaneiro celebráronse as Xornadas de Formación Cultural e Consellos Prácticos para o profesorado que viaxará a Lugano (Suiza), Parma (Italia) e Loulé (Portugal). Como podemos observar na imaxe, Ángel Montes, Carmen Carreiras e Virginia Lis… Continue Reading →
Onte, mércores 20 de Decembro, tiveron lugar as primeiras xornadas formativas dentro do proxecto KA121 2023-2024. Nesta ocasión dedicadas á formación lingüística en Italiano e Portugués. Como podemos apreciar nas fotos, asistiron a estas xornadas algúns dos compañeiros e compañeiras… Continue Reading →
© 2024 Erasmus+ CMUS Profesional Vigo — Powered by WordPress
Theme by Anders Noren — Up ↑