Este Mércores 24 de Xaneiro levouse a cabo a Xornada de Formación dentro do Plan de Autoprotección e actuación en caso de emerxencia para o profesorado que participará nas mobilidades do proxecto KA121 2023-2024, pero tamén para o resto do claustro.

Esta interesante xornada estivo a cargo da empresa Preventecnia, e nela repasamos cómo evacuar o centro en caso de emerxencia.

A formación previa ofertada para o profesorado que disfrutará das mobilidades consistíu en varias sesións de idiomas onde se traballaron conceptos básicos de portugués, italiano e inglés a cargo da Academia Concorde, unha sesión de formación cultural e consellos prácticos para viaxar a cargo dos membros do equipo Erasmus+ Sara Peral, Virginia Lis, Ángel Montes e Carmen Carreiras, e esta última sesión sobre prevención de riscos, autoprotección e actuación en caso de emerxencia.

Aquí vos deixamos as fotos da sesión. Agora o noso profesorado sí está preparado para iniciar as súas viaxes!!