O alumnado que viaxará a Uppsala tivo a Xornada de Formación Previa sobre aspectos culturais e prácticos o Xoves 18 de Novembro ás 18 horas.

Nesta xornada participou o alumnado que viaxará a Uppsala na primeira das mobilidades con alumnado que se levarán a cabo no Cmus Profesional de Vigo, e nela faláronse de aspectos culturais do país de destino, Suecia, así como temas organizativos sobre transporte, acomodamento, etc.

Os tres alumnos que disfrutarán desta primeira mobilidade son Andrea Cangeri, Helena Fernández e Candela Teijeira, alumnos de guitarra, piano e saxofón respectivamente.

Na Xornada de Formación participaron Sara Peral, coordinadora do Equipo Erasmus+ do Cmus Profesional de Vigo, Virginia Lis, profesora de clarinete e integrante de dito Equipo Erasmus+ e Javier Lamas, Xefe de estudos do conservatorio, que acompañará ao alumnado na súa visita a Suecia.

Todos os preparativos xa están en marcha e xa queda cada vez menos para vivir esta emocionante experiencia!

O alumnado participante das mobilidades de esquerda a dereita: Helena Gil, Candela Teijeira e Andrea Cangeri.
No centro da imaxe a coordinadora do Equipo Erasmus+, Sara Peral, xunto coa integrante do mesmo equipo, Virginia Lis, Alumnado e familias participantes no proxecto KA121 2023-2024.
Javier Lamas xefe de estudos, xunto coas integrantes do equipo Erasmus+, familias e alumnado.