María del Mar Bel Borja, a compañeira que imparte frauta traveseira no Cmus Profesional de Vigo, chegou este martes día 6 de Febreiro a Lugano, cantón de Suiza, dentro das actividades de “Job Shadowing” do programa Erasmus KA121 2023-2024.

Despois dunha longa viaxe, Mar foinos informando ao Equipo Erasmus+ de toda a súa andaina polo Conservatorio della Svizzera Italiana en Lugano, cidade suiza que pertence ao Cantón de Tizino, que durou ata o sábado 10 de Febreiro.

A nosa compañeira cumpliu un apretado programa para tratar de asistir as máximas clases posibles e trasladar despois ao noso claustro todas as súas aprendizaxes. O Coordinador de Relacións Internacionais, Hernando Flórez, e a Encargada Administrativa de Secretaría Académica, Martina Verzasconi, recibiron a Mar na mañá da súa chegada ao centro, explicándolle todo o funcionamento académico deste, e o plan de traballo que levarían a cabo nos seguintes días.

Mar asistiu a clases de pedagoxía da frauta, música de cámara, ensaios de orquestra, conferencia de comportamentos difíciles, coro infantil, didáctica e entrenamento auditivo entre outras, quedando abraiada co bo nivel do alumnado. O sistema de estudos é bastante diferente ao noso, segundo comenta a nosa compañeira, pero de todo se aprende, de feito, comenta que foi moi interesante conversar co profesor de pedagoxía da frauta, co que falou de problemáticas comúns para o alumnado que estuda este instrumento.

A continuación podedes ver algunhas fotos que Mar compartiu connosco sobre a súa experiencia en Lugano. Moitas grazas Mar por ternos tan ben informados a todo o Equipo Erasmus+, estamos desexando que a volta nos contes todos os detalles do teu paseo suizo.

Mar Bel na entrada do Conservatorio della Svizzera Italiana, Lugano.
Hernando Flórez, Coordinador de Relacións Internacionais, e Mar Bel, a profesora de frauta traveseira do Cmus Profesional de Vigo.
Clase de violonchelo con alumnado de Pre-College.
Mar Bel co profesor de frauta Felix Renggli
Alumnado da clase de música de cámara.
Ensaio da orquestra do Conservatorio della Svizzera Italiana.
Paseo polas rúas de Lugano
Paisaxe de Lugano