Xa temos os resultados das enquisas que fixemos tras as sesións formativas para o profesorado e alumnado que disfrutará das mobilidades a Lugano, Loulé e Parma no caso do profesorado, e a Uppsala no caso do alumnado.

No PDF adxunto tendes as gráficas cos resultados das preguntas que fixemos na enquisa de valoración sobre as sesións formativas en língua portuguesa, italiana e inglesa para o profesorado, formación cultural e consellos prácticos para profesorado, e información así como consellos culturáis e prácticos para o alumnado e as súas familias no caso dos menores de idade. Os resultados son bastante satisfactorios, índa que tamén somos consciente de que en certos aspectos podemos mellorar de cara ao curso que ven. Tamén recibimos os seguintes comentarios que reflexamos a continuación, e dos que o Equipo Erasmus+ estamos moi agradecidas e agradecidos.

Profesorado:

Sobre a formación lingüística: “é unha moi boa toma de contacto, pero quédase moi curta.

Sobre a formación lingüística en inglés: “moi contento de recibir formación lingüística con Stephanie, que creou moi bo ambiente e a clase foi de grande utilidade”.

Sobre a formación cultural: “traballo moi serio, planificado e ben estruturado por parte de todos os coordinadores Erasmus+. Ambiente moi cordial e agradable”.