Desde hoxe día 12 de marzo ata o venres 15, temos no centro ao guitarrista portugués André B. Silva, dentro do programa Erasmus+ KA121 2023-2024, como experto convidado, que ven a traballar co noso alumnado sobre improvisación.

Estas clases maxistrais inclúen dúas sesións dunha hora cada unha para grupos de entre 8 e 10 estudantes de Grao Profesional, misturados de diferentes niveles e instrumentos, cos que traballará sobre cómo iniciarse no mundo da improvisación, o medo a improvisar e técnicas de traballo na casa e tamén en grupo para mellorar esta destreza.

Por outra banda, co alumnado das materias optativas de Improvisación e Iniciación ao Jazz de 6º curso de Grao Profesional traballará en grupos a parte específicamente, onde profundizarán en cuestións técnicas e escénicas destes estilos, e tamén haberá o venres 15 pola mañá unha sesión específica para profesorado sobre “Estratexias didácticas para a implementación da improvisación na aula”. Ademáis, ese mesmo venres, André participará no Podcast do noso centro “Contos da Miñoca”, prestándose a ser entrevistado polo compañeiro Cristian Silva.

Como broche final, o Xoves 14 de marzo, haberá un Recital de Clausura onde participará alumnado asistente ao curso, ademáis de interpretar en trío temas propios de André B. Silva e estándares de Jazz, con dous compañeiros do CMUS Profesional de Vigo, Oscar Rodríguez (Contrabaixo) e David Outumuro (Percusión).

Aquí vos deixamos algunhas fotos da primeira sesión dos diferentes grupos de alumnado traballando con André. Cantos novos aprendizaxes descubrimos a través das posibilidades que brinda o Programa Erasmus+!!