Este xoves 14 de Marzo ás 19:00 horas no auditorio David Russell, terá lugar o Recital de Clausura do Experto Convidado do Proxecto Erasmus+ KA121 2023-2024, André B. Silva.

Este recital é o broche final ás clases maxistrais sobre improvisación, impartidas polo guitarrista portugués, que interpretará temas propios e estándares de Jazz acompañado a trío polo profesorado do noso centro Oscar Rodríguez, profesor de contrabaixo, e David Outumuro, profesor de percusión que tocará a batería para esta ocasión.

De esquerda a dereita: Oscar Rodríguez (contrabaixo), André B. Silva (guitarra eléctrica), David Outumuro (batería), ensaiando para o concerto deste xoves día 14 marzo.

Ademáis, na primeira parte deste recital participarán as agrupacións de alumnado coas que André estivo a traballar estes días, interpretando pezas realizadas no momento, a través da técnica de improvisación libre, así como alumnado das optativas de improvisación e introdución ao jazz, cos que traballou en grupos a parte.

Alumnado de Grao Profesional do CMUS Profesional de Vigo xunto a André B. Silva na primeira sesión das clases maxistrais.

Ao rematar o concerto, o Equipo Erasmus+ fará entrega dos diplomas ao alumnado participante nas clases maxistrais.

Por último, lembrar que o venres de mañá, entre as 11:30 e 13:00 horas haberá unha clase maxistral e coloquio dirixida ao profesorado do noso centro sobre “Estratexias Didácticas para a implementación da improvisación na aula”.

Aquí vos deixamos o interesante currículo de André B. Silva