Sara Peral, a coordinadora Erasmus+ do CMUS Profesional de Vigo asistíu, entre os días 18 e 19 de setembro, as Xornadas de Movilidade Erasmus+ de Formación Profesional, Proxectos de movilidade acreditados e de corta duración de estudantes e persoal de Formación Profesional (KA121 e KA122-VET) da Convocatoria Erasmus+ 2023, organizadas polo SEPIE.
Segundo relata a nosa coordinadora Sara Peral, foi moi emocionante para ela poder asistir a estas xornadas presenciais, xa que durante moito tempo, por mor da pandemia, tivo que facer formación online.
Nestas xornadas cabe remarcar a participación do noso centro como un dos poucos CMUS a nivel estatal que teñen a acreditación Erasmus+, en concreto soamente 16 en todo o país.
Os CMUS inclúense na formación Erasmus+ dentro das Xornadas de Formación Profesional, por iso, expoñendo a variedade de proxectos existentes, remarcamos a participación na Mesa Redonda da coordinadora do CMUS de Cidade Real falando do seu proxecto.
Cóntanos Sara, que foron unhas xornadas moi intensas, con moita información para asimilar e aplicar ao noso proxecto E+, pero tamén moi gratificantes, xa que tivo a oportunidade de coñecer ás coordinadoras e coordinadores dos outros CMUS de Música e Danza acreditados.
Deixámosvos algunhas imaxes tomadas pola nosa compañeira, e coas que nos foi relatando ao resto do equipo Erasmus+ do CMUS Profesional de Vigo as súas vivencias na cidade de Xixón.






Deixa unha resposta