Estreamos logo e sintonía!

Comezamos moi felices o novo curso escolar 2023-2024 dende o equipo Erasmus+ do Cmus Profesional de Vigo, xa que estreamos logo e sintonía.

A sintonía compúxoa o alumno Alejandro Portela, gañador do Concurso Erasmus+ na categoría Sintonía. Podes escoitala clicando aquí abaixo. Preciosa música para os nosos oídos!

O logo foi elaborado pola alumna Giovanna Domínguez, gañadora o ano pasado do Concurso Erasmus+ nesta categoría. Aquí o presentamos, a que é precioso?.

Esperamos acadar moitas alegrías neste curso con esta nova imaxe corporativa.

Feliz comezo a todas e todos e seguide moi de cerca as novas sobre Erasmus+ que publicaremos no blog.