Entre os días 9 e 13 de Outubro levaranse a cabo, no CMUS Profesional de Vigo, diferentes actividades con motivo dos Erasmus Days 2023, que se celebran en toda Europa nas mesmas datas.

As actividades programadas no noso centro son as seguintes:

O día 9 de outubro, luns, estrearase o vídeo promocional do novo proxecto Erasmus+ KA121 na televisión do hall da entrada, ás 16 horas. Tamén a esa hora poderase visualizar esta presentación na nosa canle de Youtube e o enlace estará activo neste blog. Pero se non podes asistir á presentación, non te preocupes, xa que o vídeo estará proxectado durante toda a semana.

Para o día 10 de outubro temos un acto moi especial, pois inauguraremos a placa de acreditación Erasmus+ entregada ao centro polo SEPIE. Este acto levarase a cabo ás 19 horas e será tamén no hall de entrada.

O día 11 de outubro haberá dúas charlas nas que o profesorado que disfrutou de mobilidades Erasmus no curso pasado compartirá connosco as súas impresións e experiencias, e nas que tamén falaremos do proxecto KA121 para o curso 2023-2024. Nestas charlas desvelaremos os novos destinos para este curso. A primeira charla será ás 10 da mañá dirixida ao profesorado do noso centro, e a segunda charla será ás 20 horas e está pensada para alumnado que curse estudos a partir de 3º curso de Ensinanzas Profesionais, e tamén poderán asistir as familias que o desexen.

Esperámosvos a todas a todos!!