Hoxe día 9 de Outubro damos comezo aos ErasmusDays no CMUS Profesional de Vigo coa estrea do vídeo promocional do proxecto para este curso 2023/2024, que poderás ver ás 16 horas tanto na televisión do hall de entrada do centro como na nosa canle de Youtube.

Clica neste Link para ver o vídeo https://youtu.be/hn4-zmwSxqA

Lembrade que as actividades previstas para estes días serán, ademáis da estrea do vídeo, a inauguración da placa de acreditación Erasmus+ outorgada a este centro polo SEPIE o día 10 de outubro ás 19 horas tamén no hall de entrada, e o día 11 celebraremos varias charlas, pola mañá ás 10 horas para profesorado, e pola tarde ás 20 horas para alumnado, onde explicaremos as novidades do proxecto Erasmus+ para este curso.