Nesta reportaxe fotográfica podedes ver o ben que o pasamos nos Erasmus Days entre o 9 e 13 de Outubro, onde compartimos as experiencias do curso pasado e desvelamos o proxecto e destinos para este ano.

Dende o equipo Erasmus+ do CMUS Profesional de Vigo queremos agradecer a todos os participantes que asistiron a estes eventos, e esperamos que a información compartida lles sexa de grande proveito para animar a toda comunidade educativa a participar no Programa Erasmus.

¡Europa comeza aquí!

Presentación do vídeo 2023 e decoración do hall de entrada

Sara Peral, coordinadora do Equipo Erasmus+, e Ángel Montes, secretario do centro e membro do Equipo Erasmus+, acompañados pola música de Ainhoa Rodríguez Álvarez, alumna de gaita de 5º de GP que interpretou as pezas “Marcha dos Matos” e ” Atrás” de Xesús Vaamonde, inaugurando a placa de Acreditación Erasmus+ outorgada polo SEPIE ao noso centro.

O Equipo Erasmus+ 2023/2024 formado, de esquerda a dereita, Ángel Montes, Virginia Lis, Cecilia Martínez, Sara Peral e Carmen Carreiras.

Charlas dirixidas a profesorado e alumnado.

Na primeira imaxe superior de esquerda a dereita, Ángel Montes, Sara Peral e Virginia Lis (membros do equipo E+) e Blanca Vázquez xunto a Gloria Rodríguez, profesoras do centro que compartiron as súas experiencias do proxecto do curso pasado.

Nas tres imaxes inferiores de esquerda a dereita, Ramón Cabezas, Sara Peral, Carmen Carreiras e Blanca Vázquez. Sara Peral, como coordinadora do proxecto, explicándolle ao alumnado as novidades deste ano, e Ramón, Carmen e Blanca relatando as súas experiencias sobre o proxecto do ano pasado.