Xa temos os resultados das enquisas que fixemos tras as charlas informativas levadas a cabo durante a celebración dos ErasmusDays 2023.

No PDF adxunto tendes as gráficas cos resultados das preguntas que fixemos na enquisa de valoración sobre as charlas informativas para alumnado e profesorado durante os ErasmusDays 2023. Ademáis destes resultados, bastante satisfactorios, tamén recibimos os seguintes comentarios que reflexamos a continuación, e dos que o Equipo Erasmus+ estamos moi agradecidas e agradecidos. Tamén queremos dar as grazas ao profesorado que participou o ano pasado nas mobilidades, e que se prestou voluntario para colaborar nas charlas informativas deste ano: Berta Fresco, Ramón Cabezas, Blanca Vázquez, Gloria Rodríguez, Carmen Carreiras, Ángel Montes e Virginia Lis.

Alumnado:

“Foi unha charla que resolveu todas as dúbidas que se me plantexaron. Ademáis animouse ao alumnado a participar, sentinme realmente agradecido de que o programa Erasmus+ se iniciase este ano para alumnado”.

Profesorado:

“Grazas polo voso traballo, sodes unha potencia”.

“Grazas polo voso traballo e a vosa ilusión”

“A proxección no hall de entrada é fantástica, a xestión do proxecto impecable, síntome afortunada de poder optar a esta oportunidade”

“Moi boa iniciativa, e moi ben organizada a actividade!”

“Excelente traballo de todo o equipo Erasmus+, e un comportamento exemplar por parte dos profesores/as que fixeron mobilidades o curso pasado”