No taboleiro de Erasmus+ do Cmus Profesional de Vigo (fronte a entrada do escenario do auditorio) está publicada a lista de admitidas e admitidos de alumnado e profesorado para o proceso de selección para as mobilidades do curso 2023/2024.

No día 8 de novembro de 2023 reúnese o equipo Erasmus+ do Cmus Profesional de Vigo para revisar a documentación achegada polos candidatos e candidatas para o proceso de selección das mobilidades Erasmus+ do presente curso 2023/2024. Cabe remarcar que todas as solicitudes de profesorado e alumnado cumplen forma e prazo, polo que non hai excluidos, todas as solicitudes foron admitidas.