O Conservatorio Profesional de Vigo súmase un ano máis á campaña de celebración dos Erasmus Days, que pon en valor os beneficios do programa Erasmus+ e a conseguinte internacionalización da educación, mediante a difusión dos proxectos do programa Erasmus+.

Os días 13, 14 e 15 de outubro celébrase en toda Europa a sexta edición dos “Erasmus Days”, evento que dá voz aos cidadáns europeos e activa ás comunidades educativas e a todos os actores locais para unir aos países de Europa e do resto do mundo á volta do programa Erasmus+.

Dende o Equipo Erasmus+ quixemos organizar esta actividade, que terá lugar ao longo do próximo venres 14 de outubro. Ás 12.00 terá lugar unha charla informativa a cargo de membros do equipo Erasmus do CMUS e está dirixida a todos aqueles/as profesores/as que queiran coñecer máis o proxecto ou teñan interese en participar nas novas mobilidades Erasmus+ do curso 2022-2023. Será de vital importancia a súa asistencia xa que, ademáis de compartir as experiencias vividas nas mobilidades do pasado ano a Portugal e Italia, daranse os detalles máis destacables da convocatoria do presente ano, así como as características do baremo de méritos que será empregado para o proceso selectivo e, por suposto, daremos máis detalles sobre os destinos e outras curiosidades das mobilidades que levaremos a cabo no presente curso.

Ademáis, ao largo de todo o día será proxectado no hall do Conservatorio un vídeo presentación sobre a recentemente obtida Acreditación Erasmus KA120. No mesmo, compartirase tamén a experiencia das mobilidades realizadas por tres profesoras do CMUS o pasado ano e se mostrará información relativa ás mobilidades que serán realizadas este curso académico 2022-2023.

Queremos compartir tamén o evento con todos aqueles que queiran celebrar esta xornada connosco dende as suas casas, difundindo o noso vídeo tamén na nosa canle de Youtube e o Blog Erasmus+.

¿Valo deixar escapar?

Aquí tedes un adelanto da celebración dos #ErasmusDays 2022.