Non che perdas o vídeo-presentación elaborado polo Equipo Erasmus+ do CMUS con motivo da celebración dos Erasmus Days 2022

Ligazón a Youtube onde o venres 14 de outubro de 2022, a partir das 13.00h, será a estrea.

O venres 14 de outubro celebramos os Erasmus Days 2022 no CMUS Profesional de Vigo. Dende o Equipo Erasmus+ temos preparadas varias actividades para esta xornada.

Ás 12:00h no Auditorio do Conservatorio: Charla informativa onde compartiremos a experiencia vivida co nosotro último proxecto “Música Sen Fronteiras”, falaremos sobre a nosa recentemente adquirida Acreditación Erasmus+ e informaremos sobre todas as novidades que este ano tráenos o novo proxecto Erasmus+ KA121.

Ás 13:00h estrea na nosa canle de Youtube do vídeo-presentación sobre o programa Erasmus+ no noso centro.

A partir das 13.00h e ao largo de toda a tarde: proxección do vídeo-presentación no hall do CMUS e nas nosas redes sociais.

Ademais, segue en Instagram a conta do CMUS Profesional de Vigo @cmusvigo e poderás participar nun sorteo moi especial!

Non perdas detalle!