Os pasados días 27 e 28 de setembro, a nosa compañeira Virginia Lis, profesora de clarinete e membro do Equipo Erasmus+, asistiu ás Xornadas de Formación organizadas polo SEPIE (Servicio Español para a internacionalización da Educación) para as mobilidades Erasmus+ de Formación Profesional relativas á convocatoria 2022 dos proxectos KA 121 e 122.
Estas xornadas tiveron lugar concretamente no Auditorio Municipal de Paiporta, en Valencia. Alí, de entre as 670 institucións inscritas na convocatoria dos proxectos Erasmus 2022-2023, asistiron 200 representantes dos diversos centros, entre os cuais cabe destacar a participación de 5 conservatorios profesionais de música de España.

para comenzar a formación.

As palestras correron a cargo de varios dos expertos en mobilidades Erasmus+ do SEPIE, entre os que cabe destacar: D. Alejandro Florentino López Fernández, xefe de servizo de KA1 e KA2, Unidade de
Formación Profesional, Dna. María Gómez Ortueta, directora da Unidade de Formación Profesional, e Dna. Florence Dupraz Murard, tamén pertencente á Unidade de Formación Profesional do SEPIE.


Ademáis de aproveitar ao máximo a información recibida acerca do programa Erasmus+ KA 121 e os trámites que conleva a súa implantación no centro, tivemos a oportunidade de estreitar lazos cos membros de outros equipos Erasmus, o cal ten sido e será moi enriquecedor de cara ás nosas vindeiras mobilidades.

Deixa unha resposta