Unha vez máis, estamos ante un novo comezo de curso!

¡Unha vez máis, estamos ante un novo comezo de curso! E, un ano máis, dende o Equipo Erasmus+ estamos desexando comezar a traballar no novo proxecto Erasmus+ para este ano, que ven con algunhas novidades que iremos compartindo con toda a comunidade educativa do CMUS Profesional de Vigo. A máis importante é que estreamos Acreditación Erasmus+! Grazas a ela, o centro vai poder desfrutar das vantaxes do programa Erasmus+ durante este curso e os seguintes con continuidade.

Para comezar coa andadura, pronto participaremos unha vez máis nas xornadas ErasmusDays.

Como sempre, toda a información Erasmus+ actualizada no noso Blog. Non perdas detalle!