O pasado 2 de febreiro tivo lugar a última sesión da Formación previa ás 7 mobilidades do proxecto Erasmus+ deste ano. A sesión foi dirixida aos 7 participantes das mobilidades Erasmus e aos candidatos da lista de agarda e a tématica foi a de Prevención de riscos laborais no sector docente e viaxes internacionais.

Beatriz Galiñares foi a encargada de darnos as directrices e recomendacións a ter en conta no noso ambiente de traballo para minimizar os riscos e doenzas derivadas da nosa vida laboral. Os 8 participantes na formación foron os 7 docentes que participarán activamente nas mobilidades a Uppsala, Verona e San josé durante os vindeiros meses, e un candidato da lista de agarda, preparado para facer a maleta en caso de que decaiga un dos participantes seleccionados.

Ramón Cabezas, Oscar Rodríguez, Carmen Carreiras, Ángel Montes, Virginia Lis, Blanca Vázquez, Berta Fresco e Gloria Rodríguez, alumnas e alumnos da formación.

Todo o profesorado participante espera con ilusión e gañas o momento de comenzar a aventura Erasmus+ nos próximos meses de febreiro e marzo. Boa viaxe a todas/os!