Entre os pasados días 13 e 17 de febrero, os nosos compañeiros Carmen Carreiras, Ángel Montes e Virginia Lis visitaron la Uppsala Kulturskola para realizar as actividades de aprendizaxe por observación programadas no proxecto Erasmus+ do presente curso.

O luns 13 de febreiro comezaba a aventura para os tres compañeiros do CMUS Profesional de Vigo. Alí en Uppsala lles estaría esperando Angus Keay, o responsable de relacións internacionais e coordinador do programa Erasmus+ do noso centro de acollida, que ademáis de organizar pormenorizadamente a nosa axenda, estivo acompañándonos en todo momento.

Angus Keay, coordinador Erasmus da Uppsala Kulturskola.
A cálida sala de profesorado da Uppsala Kulturskola
Día 1 ás portas do centro de acollida Erasmus.

As actividades incluidas nas tareas de job-shadowing abarcaban dende a asistencia a clases de instrumento (principalmente das especialidades dos docentes visitantes: piano, clarinete e trombón), clases grupais de teoría, de música xeral nas escolas da contorna, de ensemble, jazz band, etnomusicoloxía e, por suposto, se puideron realizar varias reunións co equipo directivo e diversos xefes de departamento (por exemplo, piano acompañante) para comprender da mellor maneira a xestión burocrática, económica e personal do centro.

Carmen Carreiras no tour polas instalacións do centro.
Biblioteca Municipal de Uppsala
Virginia Lis con Martin Cederquist, profesor de clarinete, despois da observación das súas clases.

Unha das actividades máis chamativas foi a asistencia a un gran concerto matinal, do cal sefixeron 4 funcións na mesma xornada, que contou con máis de 4000 nenos e nenas no público, provenientes dos colexios da cidade de Uppsala, incluídos aqueles centros ubicados nas localizacións máis desfavorecidas da ciudade.

Gran concierto do alumnado da Kulturskola de Uppsala e outras escolas de ensino regular.
Decenas de nenos e nenas preparados/as para entrar na Uppsala Konsert & Kongress (UKK), onde se levou a cabo o musical.

En aquelas ubicacións da cidade cuxa poboación conta con menos posibilidades e recursos, a Kulturskola implantou o programa de “El Sistema” basado no programa de acción social creado en Venezuela hai unhas décadas para promover a inclusión dos nenos e nenas máis desfavorecidos/as. Foi implantado a raíz da presencia do destacado director de orquestra venezolano Gustavo Dudamel na Orquestra Sinfónica de Gotemburgo.

Clases de música entre os 6 e 9 años de idade nas escolas de Sävja.
Equipazo de profesores de “El Sistema” en Stenhagen.
Colaboración por parte do profesorado na orquesta infantil de “El Sistema” en Stenhagen.
Virginia Lis e Dorota Frick, anteriormente profesora de clarinete, e actual responsable do programa “El Sistema” en Uppsala.

A Uppsala Kulturskola, ademáis de clases de música tamén imparte leccións doutras artes: pintura, danza, teatro e escritura creativa, especialidades nas que tamén participaron os docentes convidados.

Clases de pintura no Museo Nacional de Uppsala
Catedral de Uppsala, a máis grande de Suecia
Os tres docentes participantes na mobilidade com o seu inseparable compañeiro de viaxe, Angus Keay.
Ángel Montes, Carmen Carreiras e Virginia Lis no museo ABBA en Estocolmo.