Cada 9 de maio conmemórase o aniversario da histórica declaración de Robert Schumann (o ministro francés de Asuntos Exteriores, no o pianista e compositor romántico do mesmo nome), que tuvo lugar en París no ano 1950. 

Nunha Europa que viña de vivir a Segunda Guerra Mundial, Schumann propuxo un novo xeito de cooperación política no continente que fixese impensable un novo conflito bélico entre as nacións. Deste modo, sentou as bases do que hoxe é a Unión Europea. Por iso, cada 9 de maio celébrase a paz e a unidade de Europa. 

A Comisión Erasmus+ do Conservatorio Profesional de Vigo quere formar parte destas celebracións, compartindo un anaquiño da nosa historia recente e compartindo algunhas das iniciativas cas que se celebra este día. 

Feliz Día de Europa!

Fonte: https://ec.europa.eu/spain/events/europe-day_es

E como o noso é a música, compartimos a lista de reproducción de Spotify que as notas institucións europeas fixeron para o Día de Europa:

Premendo sobre a imaxe accédese á lista de Spotify.