A Comisión E+ do CMUS Profesional de Vigo asiste ás Xornadas Anuais de Diseminación erasmus+ organizadas pola Axencia Nacional do SEPIE (Servicio Español Para a Internacionalización da Educación). 

Esta edición, marcada polas complexas circunstancias pola Covid19, tiveron formato virutal. As Xornadas foron unha oportunidade para coñecer as últimas novedades do programa Erasmus+ para 2021-2027, os resultados da etapa 2014-2020 e, sobre todo, de tomar contacto con grandes exemplos de boas prácticas no ámbito da internacionalización da educación. 

Dende aquí queremos agradecer ó SEPIE a organización destas Xornadas tan interesantes!