Víctor Chávez García, Miriam Vila Figueirido, Xián Pena Puza e Iria Muñoz de Santiago foron os galardoados nas categorías de Sintonía y Logo, respectivamente. 

O Conservatorio Profesional de Música de Vigo está de celebración polo seu estreo no programa Erasmus+ co “Música Sen Fronteiras”, o seu primeiro proxecto europeo co que vai levar ó cabo mobilidades de persoal por formación. A difícil situación desde ano como consecuencia da pandemia retrasou a súa posta en marcha. Non obstante, estas circunstancias non impediron poder facer outras actividades, como o “Concurso Música Sen Fronteiras”. 

Organizado pola Comisión Erasmus+ do Conservatorio, o Concurso tiña por finalidade encontrar un logo e unha sintonía imaxen e son para o proxecto. O obxectivo desta actividade era favorecer a diseminación do proxecto Erasmus+ “Música Sen Fronteiras” entre a súa comunidade educativa, así como fomentar a súa participación e implicación nel.

O 7 de xuño, con todas as medidas COVID, tivo lugar no hall do Conservatorio o acto de entrega de premios e diplomas de participación. Xián Pena Puza (alumno de 1º de Grao Profesional da especialidade de Percusión) e Iria Muñoz de Santiago (alumna de 5º de Grao Profesional da especialidade de Clarinete) obtiveron 1º e 2º premio, respectivamente, na categoría de Logo. No que respecta á categoría de Sintonía, resultou galardoado co 1º premio Víctor Chávez García (alumno de 5º de Grao Profesional da especialidade de Contrabaixo) e co 2º premio Miriam Vila Figueirido (alumna de 6º de Grao Profesional de Violín e de 4º de Grao Profesional de Canto).

O xurado estivo composto por tres profesores do Conservatorio: Sara Peral Hernández (Coordinadroa Erasmus+), Carmen Carreiras Pita (Vicedirectora e membri da Comisión Erasmus+) e Ángel Montes Abalde (Secretario docente e membro do Departamento de Composición). Todos coincidiron en destacar a alta participación dp alumnado, así como a calidade e orixinalidade dos traballos recibidos.

Proximamente iremos compartindo máis detalles dos traballos premiados. 

Parabéns ós premiados e a todos os participantes!

Primeiro Premio da Categoría Logo: Xián Pena Puza 
Segundo Premio da Categoría Logo: Iria Muñoz de Santiago
Participantes da Categoría Logo
Primero Premio da Categoría Sintonía: Víctor Chávez García
Segundo Premio da Categoría Sintonía: Miriam Vila Figueirido
Participantes da Categoría Sintonía
O Xurado: Carmen Carreiras, Ángel Montes e Sara Peral