Con data 18 de outubro de 2022, publícase a convocatoria das 7 mobilidades de profesorado enmarcadas no proxecto Erasmus+ 2022-1-ES01-KA121-VET-000060117 do CMUS Profesional de Vigo para a realización de actividades de job shadowing (formación por observación) durante o curso 2022-23. O prazo de inscrición estará aberto do 19 de outubro ao 4 de novembro de 2022.

Toda a información publicarase tamén no taboleiro Erasmus+ do CMUS.

Proximamente, compartiremos polo Blog tutoriais Europass para o CV e a carta de presentación/motivación.