Esta mañá concluíuse o proceso de selección para as mobilidades Erasmus+ deste curso e xa foi publicada a listaxe provisional de admitidos/as no taboleiro de anuncios Erasmus do CMUS. Desa listaxe, os sete primeiros candidatos serán os afortunados de realizar as mobilidades nos vindeiros meses de febreiro e marzo.

Calqueira reclamación poderá ser realizada ata o martes dia 29 de novembro ás 23:59 enviando un email a erasmus.cmusvigo@gmail.com detallando os motivos da devandita reclamación.

Parabéns a todos/as os/as selecionados/as! Aproveito para animar aos restantes candidatos a participar nas vindeiras edicións, con novos socios e destinos.

Moitísimas grazas pola vosa participación, compañeiros/as!