A primeira sesión formativa tivo lugar este mércores 21 de decembro e estivo adicada á competencia lingüística, habilidade que os participantes das mobilidades deberán dominar para o bo desenvolvimiento das futuras actividades de Job-shadowing.

En concreto, o profesorado asistiu a clases de inglés e italiano en dúas sesións simultáneas dirixidas ao profesorado que visitará Upssala e Verona, respectivamente. Ademáis, estas clases forros ofrecidas con caracter opcional pra aqueles candidatos que tiñan quedado como reservas no proceso selectivo. Así, un total de oito participantes poideron disfrutar desta corta pero productiva sesión destinada á actualización das habilidades comunicativas en linguas estranxeiras.

A profesora de Italiano e os seus catro atentos pupilos: Berta Fresco, Ramón Cabezas, Cristian Álvarez e Gloria Rodríguez.
A profesora de inglés (no espello) inmortalizando a clase cos catro participantes: Blanca Vázquez, Ángel Montes, Carmen Carreiras e Óscar Rodríguez.
O noso carismático compañeiro e profesor de contrabaixo Óscar Rodríguez, facendo repaso do aprendido na clase de Inglés.

Dende aquí, agradecemos a todas as profesoras da academia de idiomas Concorde polo traballo levado a cabo na sesión e, por suposto, na preparación previa. Grazie mille a tutte!