Gustaríache contribuír ao universo Erasmus+ dándolle imaxe e/ou son aos nosos Proxectos até o ano 2027? Participa no noso concurso! Xa está publicada a convocatoria e as bases do mesmo no taboleiro Erasmus+, no hall frente ao auditorio do CMUS.

O obxecto do presente Concurso é favorecer a difusión da nosa Acreditación Erasmus+ 2021-1-ES01 KA120-VET-000042901entre a comunidade educativa do CMUS Profesional de Vigo, así como fomentar a súa participación e implicación na mesma.

Buscamos un LOGO e unha SINTONÍA que representen a identidade da nosa Acreditación Erasmus+, que busca alcanzar os seguintes obxectivos:

1.Mellorar a internacionalización do centro a través da consolidación das actividades de mobilidade e a ampliación da súa rede de relacións institucionais con centros homólogos doutros países.

2.Consolidar a oferta de actividades que permitan coñecer exemplos de boas prácticas en termos de calidade e excelencia educativa e metodoloxías innovadoras e inclusivas dentro do ámbito musical.

3.Promover oportunidades para profesorado e alumnado de desenvolvemento profe-sional e de acercamento a figuras relevantes do ámbito musical, para mellorar a súa motivación e implicación.

4.Dar resposta ás necesidades da sociedade actual fomentando oportunidades de mellora das competencias dixital e lingüística e promovendo prácticas medioambientalmente sustentables.

Establécense dúas categorías:

Categoría LOGO: É a imaxe gráfica que identificará a nosa Acreditación Erasmus+ 2021-1-ES01-KA120-VET-000042901. Será empregado para todas as accións de difusión, publicidade, comunicación e todas as actividades que se leven a cabo durante os diferentes proxectos enmarcados nela.

Categoría SINTONÍA: É a imaxe sonora que identificará a nosa Acreditación Erasmus+ 2021-1-ES01-KA120-VET-000042901. Será empregada para todas as accións de difusión, publicidade, comunicación e todas as actividades que se leven a cabo durante os diferentes proxectos enmarcados nela.

Poderá participar todo o alumnado matriculado no CMUS Profesional de Vigo, tanto de Grao Elemental como de Grao Profesional. Cada participante poderá presentar como máximo unha proposta para cada categoría.

O prazo de presentación rematará o 1 de xuño de 2023 ás 23:59 horas.

As propostas deberán enviarse á seguinte dirección de correo electrónico: erasmus.cmusvigo@gmail.com

Na mensaxe indicarase a seguinte información:

Nome, apelidos e idade do participante.

Curso e especialidade (do Conservatorio).

Modalidade pola que participa: LOGO, SINTONÍA ou ambas.

Consulta as bases ao completo aquí:

Boa sorte a todas e a todos!