Dende o Equipo Erasmus+ e o Equipo de Actividades do CMUS Profesional de Vigo organizouse o Concerto do Día de Europa este martes 9 de maio, un evento cunha temática moi concreta: música escrita por compositores europeos.

Música de moi diversas nacionalidades, francesa, alemá, italiana, esoañola… e moitas outras foi a que sonou este martes 9 de maio con motivo da celebración do día de europa. Máis de 20 alumnos e alumnas participaron na actividade, e tal foi a demanda de participación que foi necesario ampliar o concerto, que tiña sido axendado para as 17:30 no Auditorio David Russel, dende as 17h no hall de entrada do auditorio.

O concerto, como outros concertos organizados polo Equipo de Actividades do Centro, foi retransmitido en streaming e, ademáis, contou, coma sempre dende o inicio deste ano lectivo, con público presencial.

Alumnado participante na entrega de agasallos do Programa Erasmus+ que tivo lugar no fin do Concerto.