Feliz Día de Europa!!! O Equipo Erasmus+ do CMUS Profesional de Vigo elaborou este vídeo expresamente para celebrar esta xornada. Esta presentación versa sobre a orixe da festividade, os valores do Programa Erasmus+ e nel tamén comparten as novidades do noso proxecto Erasmus+ KA102 “Música Sen Fronteiras”: as mobilidades recentemente levadas a cabo e os principais resultados acadados grazas a el. O CMUS Profesional de Vigo desexavos un Feliz Día de Europa‼️

🔹Elaboración e edición do vídeo: Virginia Lis Álvarez e Sara Peral Hernández

🔹Música: L.V. Beethoven, 4º movemento da 9ª Sinfonía; Víctor Chávez, Sintonía “Música Sen Fronteiras” 🔹Colaboran: Equipo de Actividades do CMUS: Carmen Carreiras Pita e Antonio Rodríguez Iborra