A nosa Coordinadora Erasmus+ asistiu ás Xornadas “Internacionaliza a túa escola” organizadas polo Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) que tiveron lugar os días 12 e 13 de marzo. 

A nosa Coordinadora foi unha das máis de 400 persoas asistentes a esta nova edición que, este ano marcado pola crise sanitaria, foi en formato dixital. 

Inauguradas polo Secretario Xeral de Educación e FP da Consellería de Cultura, Educación e Universidade D. José Luis Mira Lema, as Xornadas versaron sobre eTwinning, Erasmus+ e outras propostas de internacionalización. Entre os relatores, representantes do SEPIE, do INTEF e do Servizo de Innovación e Formación dos RR.HH da Consellería. 

Dende aquí queremos agradecer ó CAFI a organización dunhas Xornadas tan interesantes como estas onde tomar contacto, entre outros, con exemplos de boas prácticas de internacionalización nos centros educativos e que nos permiten coñecer o que se está a facer noutros centros no eido dos proxectos internacionais.