O Conservatorio Profesional de Vigo súmase por primeira vez ós Erasmus Days, campaña de celebración que pon en valor os beneficios de Europa coa difusión dos proxectos do programa Erasmus+. 

Os días 14, 15 e 16 de outubro vaise celebrar en toda Europa a quinta edición dos “Erasmus Days”, evento que da voz ós cidadáns europeos e activa ás comunidades educativas e a todos os actores locais para unir ós países de Europa e do resto do mundo ó redor do programa Erasmus+. O Conservatorio Profesional de Música de Vigo súmase por primeira vez ás devanditas celebracións con “ErasMUSICDays”. 

Dende o Equipo Erasmus+ organizamos esta actividade, que terá lugar ó longo da tarde do próximo venres 15 de outubro. Entre as 16.00 e as 21.00h vaise proxectar no hall do Conservatorio unha vídeo presentación sobre “Música Sen Fronteiras”, o noso primeiro proxecto Erasmus+, que levaremos ó cabo este curso.

Como debido á situación sanitario o acceso ó centro está restrinxido, queremos compartir tamén o evento con todos aqueles que queirades celebrar esta xornada con nós estreando o noso vídeo de forma simultánea na nosa canle de Youtube e no noso Blog Erasmus+. 

Non perdas detalle!

Como actividade rexistrada nos Erasmus Days 2021 en SEPIE (Servizo Español Para a Internacionalización da Educación), a nosa axencia nacional, podes ver toda a información premendo na seguinte imaxe: 

https://www.erasmusdays.eu/event/erasmusic-days/

Na edición 2020 celebráronse 5.024 eventos en 84 países diferentes. España foi o terceiro en organización de actividades, tras Francia (país organizador) e Turquía. 

Queres saber máis sobre as actividades enmarcadas nos Erasmus Days 2021? Preme aquí.