Comezamos o curso e estreamos actividade en ErasmusDays

O tempo voa e… xa estamos inmersos no curso 2021-2022. Como cada ano, na Comisión E+ do Conservatorio comezamos con moitas ganas e ilusión. E este ano máis se cabe, pois, se as condicións sanitarias o permiten, ¡poderemos realizar as actividades de mobilidade Erasmus+ de Música Sen Fronteiras!

Para ir abrendo boca, proximamente iremos participar na 5ª edición ErasmusDays, que terá lugar nos días 14, 15 e 16 de outubro. 

Tal e como explica o SEPIE, “#ErasmusDays é a campaña de celebración europea que pon en valor os beneficios de Europa, por medio da difusión dos proxectos do programa Erasmus+ da Unión Europea, implicando á comunidade educativa, ás partes interesadas e á cidadanía en xeral.” Podes consultar aquí as actividades programadas en toda Europa: 

“ErasMUSIC Days” será o noso evento particular no marco desta celebración. Durante a tarde do venres 15 de octubre estrearase de forma paralela, no hall do conservatorio, no Blog Erasmus+ e na canle de Youtube do CMUS, un breve vídeo-presentación sobre o noso proxecto Música Sen Fronteiras e algunhas actividades levadas a cabo ata o momento.

Podes consultar máis información aquí: