Durante o pasado mes de febreiro tiveron lugar as sesión formativas enmarcadas no eido das mobilidades Erasmus+. Catro foron os encontros realizados, un relativo á prevención e ao Plan de Autoprotección do centro, dúas sesións adicadas á formación lingüística (portugués e italiano), e a cuarta e derradeira, que tivo lugar o 23 de febreiro, relativa á formación cultural e consellos prácticos a ter en conta nas estadías no estranxeiro.

O día 2 de Febreiro tivo lugar a Formación de Prevención a cargo de Pedro Morcego (Preventecnia), sesión adicada ao Plan de Autoprotección do centro.
Dúas docentes do CMUS, Carmen Carreira e Sara Peral, que participarán nas mobilidades Erasmus+, con Geny Pereira, profesora encargada da formación en lingua portuguesa.
Docentes do CMUS (Isabel Gómez, Esperanza Mara Filgueira e Sara Peral) coa profesora que impartou a formación en lingua italiana, Paola Ursomando.
A última sesión tivo lugar o 23 de febreiro e foi adicada á formación cultural e consellos prácticos para as mobilidades.
Sara Peral e Virginia Lis, ponentes da última sesión formativa, adicada aos aspectos culturais e conselhos prácticos recomendados de cara as mobilidades Erasmus+ 2022.