Hoxe venres día 24 de novembro, está publicada no taboleiro Erasmus (fronte a porta de entrada ao escenario do Auditorio) a lista provisional coa puntuación de alumnado e profesorado para as mobilidades Erasmus+ 2023-2024, de maior a menor puntuación. Lembrade que contra esta lista provisional hai proceso de reclamación ante as disconformidades, que comprende os días 27 e 28 de Novembro.

Para protexer os datos dos/as participantes na rede, estas listas poderán ser consultadas exclusivamente neste taboleiro Erasmus+ do CMUS.

Para calquera consulta tendes a vosa disposición aos membros do Equipo Erasmus no correo erasmus.cmusvigo@gmail.com.