O Conservatorio Profesional de Música de Vigo xa forma parte do universo Erasmus+.

O CMUS participou na convocatoria Erasmus+ 2020 presentando o seu primeiro proxecto: Música sen fronteiras. Trátase dun proxecto KA102 para a mobilidade de persoal por mor de formación, que vai permitir a realización de actividades de observación en centros socios homólogos. O noso proxecto resultou seleccionado co posto número 11 dun total de máis de 700 solicitudes KA 102 (Acción Clave de Formación Profesional) presentadas ó longo do territorio español. 

Moi emocionados co resultado, estamos desexando comezar a nosa andaina Erasmus+. Inicialmente, estaba prevista a súa realización ó longo do corso 2020-2021. As complexas circunstancias xeradas pola actual situación sanitaria impiden, igual que está a pasar noutros eidos, a súa axeitada realización. Por iso, nestes intres, o proxecto está en pausa á espera de melloras que permitan a axeitada realización das mobilidades. 

Mentres, dende a Comisión E+ iremos organizando diferentes actividades para dar a coñecer, pouco a pouco, o marabilloso universo E+. Estade atentos para non perder ningunha das novas!

Abrochádevos os vosos cintos, imos comezar unha nova andaina!