Satisfacción por parte do Equipo Erasmus+ ante o interese xerado e a asistencia ás sesións informativas organizadas para o profesorado.

Cunha asistencia final entre ambas reunións dun 35,52% do total do claustro, o Equipo Erasmus+ móstrase moi satisfeito ante o interese mostrado por ditas reunións, tratándose do primeiro proxecto Erasmus+ do CMUS Profesional de Vigo.

Asimismo, as enquisas de satisfacción cumplimentadas polos asistentes a ámbalas reunións valoraron en termos xerais as sesións e a información ofrecida nas mesmas cunha puntuación media de 4,85 sobre 5 puntos. Á súa vez, puntuaron que a sesión resolveu as súas dúbidas cun 4,8 sobre 5.

Desde aquí, tanto a Coordinadora E+ como o resto do Equipo E+, queremos agradecer ao profesorado a súa asistencia e interese. ¡Moitas grazas!

A continuación, dúas fotografías das diferentes presentacións.

A Coordinadora E+ na sesión do 29 de outubro.
Sara Peral e Carmen Carreiras durante a sesión do 2 de novembro.