O Xoves día 9 de Maio levaranse a cabo varias actividades no noso centro para conmemorar o “Día de Europa”.

Ás 18 horas no xardín do centro prantaremos unha árbore para fomentar a sostenibilidade, un dos valores do Programa Erasmus+. Nesta actividade colabora o Departamento de Música Tradicional, que amenizará o acto ao son da gaita galega. Estades todas e todos invitados, e ademáis as previsións de tempo son moi boas!

Posteriormente, ás 19 horas, no Auditorio David Russell, celebrarase un concerto onde participará alumnado de diferentes cursos e instrumentos, e onde contamos coa colaboración do Equipo de Actividades do centro para a organización do evento. A entrada é gratuita ata completar aforo para toda a comunidade educativa.

Aquí tendes o cartaz das actividades, e tamén o programa do concerto con todo o alumnado participante e profesorado colaborador. Ademáis, o noso compañeiro Antonio Rodríguez, profesor de tuba e bombardino e membro do Equipo de Actividades, encargarase da retransmisión do concerto en Streaming.