O CMUS Profesional de Vigo, na súa estratexia de internacionalización, modernización e busca da máxima excelencia educativa e musical, aposta polo programa Erasmus+. 

Por iso, creou unha Comisión E+, formada por: 

  • Sara Peral Hernández, Coordinadora E+.
  • Baldomero Barciela Varela, EDTIC
  • Carmen Carreiras Pita, Vicedirectora do CMUS.
  • Ángel Montes Abalde, Secretario docente do CMUS

  • Virginia Lia, profesora de clarinete do CMUS
  • A Coordinadora E+ do CMUS Profesional de Vigo é responsábel de levar ó cabo a implementación do proxecto. Xunto coa Comisión E+, traballa de xeito coordinado cos Responsábeis Erasmus+ de cada un dos centros parceiros para unha axeitada xestión e planificación do mesmo.

    Se tes algunha dúbida, rogo ou suxestión podes escribir ó seguinte enderezo electrónico: 

    erasmus.cmusvigo@gmail.com