“Música Sen Fronteiras”, proxecto KA 102 para a mobilidade de profesorado por mor de formación a través de actividades de observación, foi elaborado e presentado polo CMUS Profesional de Vigo, o centro coordinador do mesmo. Ó  mesmo tempo, interveñen outros catro conservatorios que participan como os nosos parceiros de acollida

Os nosos socios son centros homólogos de ensinanzas musicais: 

Conservatorio G.F. Ghedini de Cuneo (Italia)

Conservatorio Alfredo Casella de L´Aquila (Italia)

Conservatorio de Guimarães (Portugal)

Conservatorio de La Rochelle (Francia)

Todos eles acolleron e aceptaron con entusiasmo a nosa proposta de participación en “Música Sen Fronteiras”. Esperamos que a nosa colaboración mutua sexa enriquecedora e permita crear uns lazos perdurábeis no tempo e que podan xerar outros futuros proxectos. 

Coordinadora E+ do CMUS Profesional de Vigo é a persoa que vai implementar o proxecto. Ela e máis a Comisión E+ traballan de xeito coordinado cos Responsábeis Erasmus+ de cada un dos centros parceiros para unha axeitada xestión e planificación do mesmo. 

Coñezamos un pouquiño máis dós nosos parceiros

Conservatorio G.F. Ghedini de Cuneo (Italia)

O G.F. Ghedini é un Conservatorio Superior de Música sito en Cuneo, Italia. Imparte ensinanzas de Bachelor e Master, así como cursos Pre Académicos. Conta cuns 500 estudantes e, aproximadamente, unha centena de profesores. Trátase dun conservatorio cunha grande actividade musical que organiza ó ano numerosas clases maxistrais, concertos (tanto de profesores e convidados, como de estudantes), actividades e mobilidades Erasmus+, cursos de música (clásica, jazz, pop), proxectos internacionais con institucións de Francia, Suecia, Portugal o Grecia, etc. 

No que respecta ó programa Erasmus+, é un centro que conta cunha abundante experiencia, tanto no envío como na acollida de estudantes e persoal. Dispón de Carta ECHE (Carta Erasmus de Educación Superior) e colabora de xeito habitual con numerosos centros musicais de toda Europa. 

Máis información na súa web

Conservatorio Alfredo Casella de L´Aquila (Italia)

O Conservatorio Alfredo Casella está en L´Aquila, Italia. É unha institución de Educación Superior de máis de 50 anos de historia. Conta cun claustro de máis de 160 profesores que forman dez departamentos didácticos: Corda, Instrumentos de vento, Música de cámara, Canto e teatro Musical, Piano, teclado e percusión, Instrumentos antigos, Música contemporánea, electrónica e novas tecnoloxías e Jazz. Ademais, ofrece un consolidado curso de Musicoterapia. 

Conta con máis de 400 estudantes de Bachelor e Master, así como ó redor de 450 alumnos de Elemental.

Ademais, dispón de Carta ECHE (Carta ERasmus para Educación Superior) e unha gran experiencia no programa, no que comezou no ano 2004. 

Se queres coñecer máis visita o seu enderezo web

Conservatorio de Guimaraes (Portugal)

O Conservatorio de Música de Guimaraes (Portugal) é un centro de características moi similares ó noso no que respecta ó tamaño e características. A institución quere potenciar, ó igual que nós, a súa experiencia Erasmus+. 

É un centro que participa en diversas colaboracións interinstitucionais. Así mesmo, a Sociedade Musical de Guimaraes leva ó cabo diferentes proxectos musicais, como a Sociedade de Concertos B. Valentim Moreira de Sá, a escolanía, o Festival Internacional de Guitarra de Guimaraes o Guimaramus.

Para saber máis, visita a súa páxina

Conservatorio de La Rochelle (Francia)

Trátase dun conservatorio de Música e Danza sito en La Rochelle (Francia). Ó igual que co noso parceiro portugés, trátase dun centro similar ó noso no que respecta ás características e experiencia Erasmus+. 

Conta cun cadro de persoaal de 50 persoas e máis de 1000 estudantes en total. 

Coñece máis sobre este centro no seu enderezo web