Música Sen Fronteiras

Proxecto KA102 – Convocatoria E+ 2020

O CMUS Profesional de Vigo xa está en Erasmus+!

O CMUS Profesional de Vigo participou na convocatoria Erasmus+ 2020 presentando o seu primeiro proxecto: Música Sen Fronteiras.  A Comisión E+ do Conservatorio traballou moito, moi duro e con moita ilusión para que o noso centro puidese pasar a formar parte do gran universo Erasmus+. 

Trátase dun proxecto para a mobilidade de persoal por mor de formación, que vai permitir a realización de actividades de observación en centros socios homólogos. 

O noso proxecto resultou seleccionado co posto número 11 de entre máis de 700 solicitudes KA102 (Acción Clave de Formación Profesional) presentadas ó longo do todo o territorio español. 

Moi emocionados co resultado, estamos desexando comezar a nosa nova andaina Erasmus+. Inicialmente, a súa realización estaba prevista para o curso 2020-2021. Pero as complexas circunstancias xeradas pola actual situación sanitaria impiden a súa axeitada realización, ó igual que está a ocorrer noutros eidos. Por iso, o proxecto encóntrase temporalmente pausado, á espera dunha mellora que permita a efectiva realización das mobilidades. 

A continuación, podes consultar o resumo “Música Sen Fronteiras” que se incluíu na solicitude do proxecto.

Resumo “Música Sen Fronteiras”