Música sen fronteiras/Music without borders/Música sin fronteras

Category Noticias

O noso vídeo para a celebración do Día de Europa!

Feliz Día de Europa!!! O Equipo Erasmus+ do CMUS Profesional de Vigo elaborou este vídeo expresamente para celebrar esta xornada. Esta presentación versa sobre a orixe da festividade, os valores do Programa Erasmus+ e nel tamén comparten as novidades do… Continue Reading →

Celebración do Día de Europa no CMUS Profesional de Vigo

O 9 de maio de 2022 o Conservatorio celebrará o Día de Europa con diferentes actividades.  O Conservatorio Profesional de Vigo únese por primeira vez ás celebracións deste día e faino con diferentes actividades. Dunha banda, vaise celebrar a primeira… Continue Reading →

Publicadas as puntuacións obtidas polos solicitantes de mobilidades Erasmus+

Dende o día de hoxe, 16 de dicembro de 2021, está publicada no tablón Erasmus+ do CMUS a acta da Comisión de Selección Erasmus+ coas puntuacións obtidas polos solicitantes de mobilidades do Proxecto KA102 «Música Sen Fronteiras».

Publicada a composición da comisión de selección Erasmus+

A data 2 de decembro publícase no tablón de anuncios Erasmus+ do hall do conservatorio a composición da comisión de selección para as mobilidades Erasmus+ do presente curso.

Asistencia e estatística sobre as sesións informativas Erasmus+ para o profesorado

Satisfacción por parte do Equipo Erasmus+ ante o interese xerado e a asistencia ás sesións informativas organizadas para o profesorado. Cunha asistencia final entre ambas reunións dun 35,52% do total do claustro, o Equipo Erasmus+ móstrase moi satisfeito ante o… Continue Reading →

Sesións informativas Erasmus+ para o profesorado

A Coordinadora Erasmus+ ofrecerá dúas charlas informativas sobre o Proxecto “Música Sen Fronteiras” Estas charlas están dirixidas a todos os profesores/as que teñan interese en participar nas mobilidades Erasmus+ ou queiran coñecer máis o proxecto. Polas limitacións de aforo e… Continue Reading →

A nosa celebración dos ErasmusDays en imaxes e prensa

Compartimos algunhas instantáneas e ligazóns ós periódicos que se fixeron eco da nosa actividade ErasMUSICDays. O evento organizado polo Conservatorio Profesional de Vigo con motivo dos ErasmusDays 2021 tamén chegou á prensa. La Voz de Galicia, 14/10/2021: El Faro de… Continue Reading →

“ErasMUSICDays, o noso evento de celebración dos ErasmusDays 2021

O Conservatorio Profesional de Vigo súmase por primeira vez ós Erasmus Days, campaña de celebración que pon en valor os beneficios de Europa coa difusión dos proxectos do programa Erasmus+.  Os días 14, 15 e 16 de outubro vaise celebrar… Continue Reading →

¡Benvidos a un novo curso!

Comezamos o curso e estreamos actividade en ErasmusDays O tempo voa e… xa estamos inmersos no curso 2021-2022. Como cada ano, na Comisión E+ do Conservatorio comezamos con moitas ganas e ilusión. E este ano máis se cabe, pois, se as… Continue Reading →

Extra, extra! O Concurso “Música Sen Fronteiras” na Voz de Galicia!

A Voz de Galicia faise eco do Acto de entrega de premios do Concurso “Música Sen Fronteiras” A Voz de Galicia publica o 9 de xuño de 2021 unha noticia sobre o Acto de entrega de premios do Concurso “Música… Continue Reading →

« Older posts

© 2022 Erasmus+ CMUS Profesional Vigo
Rúa Felipe Prósperi s/n
36209 Vigo - Tlf: 986 213395
erasmus.cmusvigo@gmail.com

Theme by Anders NorenUp ↑