Hoxe martes día 11 de novembro, foron publicadas as listaxes definitivas dos/as 16 candidatos/as admitidos/as no proceso selectivo relativo ás mobilidades Erasmus+ que terán lugar nos vindeiros meses con destino Italia, Suecia e Costa Rica.

Para protexer os datos dos/as participantes na rede, estas listaxes poderán ser consultadas exclusivamente no taboleiro Erasmus+ do CMUS (frente á entrada da aula magna e o backstage do auditorio).

Calqueira consulta sabedes que tedes ao voso dispor aos membros do Equipo Erasmus no enderezo email erasmus.cmusvigo@gmail.com.