
A Coordinadora Erasmus+ ofrecerá dúas charlas informativas sobre o Proxecto “Música Sen Fronteiras”
Estas charlas están dirixidas a todos os profesores/as que teñan interese en participar nas mobilidades Erasmus+ ou queiran coñecer máis o proxecto. Polas limitacións de aforo e para facilitar a asistencia, haberá dous sesións:
Venres, 29 de outubro. 12.00h. Auditorio do Conservatorio
Mércores, 3 de novembro. 12.00h. Auditorio do Conservatorio
Para poder asistir, unicamente hai que anotarse nas listas da Sala de Profesores.
Deixa unha resposta